FREAR O AVANCE DAS PRAGAS DA VESPA VELUTINA!
PROPOSTA MUSICAL PARA CRIANZAS “O SON QUE ME ARROLA”
Hoxe tivo lugar ás 10:00 horas no C.P.I Plurilingüe de Castroverde a actuación de teatro musical “O SON QUE ME ARROUPA” tivo unha gran acollida xa que participaron tanto alumnos dos tres cursos de infantil do colexio como os nenos e nenas das distintas casas niño e por suposto as familias de prescolar na casa.
Esta actividade foi organizada pola Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy (antiga Prescolar na Casa) coa que colabora este Concello.
Parabéns por esta iniciativa!
-CONCELLO DE CASTROVERDE-
14 E 15 DE MAIO 2022: XORNADAS EMPRENDEDORAS NO RURAL “ENCONTROS NA TERRA”
INSTALACIÓN DE DOUS CONTEDORES PARA RESIDUOS TÉXTILES E CALZADO NA VILA DE CASTROVERDE
PROGRAMA “REINÍCIATE” PARA PERSOAS DESEMPREGADAS DE LONGA DURACIÓN
PROGRAMA “ACTÍVATE” DA DEPUTACIÓN DE LUGO
📢📢📢 A Deputación de Lugo lanza a II edición do PROGRAMA “ACTÍVATE” unha aposta polo turismo deportivo e de aventura por toda a provincia: E CASTROVERDE forma parte dunha destas aventuras: o 4 de xuño cicloturismo histórico 😃😃🥳🥳🥳
A programación desenvolverase en 26 concellos de toda a provincia e conta cun total de 450 prazas dispoñibles, entre 15 e 20 por actividade
As persoas interesadas poden inscribirse xa dende hoxe para as dúas primeiras actividades, que serán o 30 de abril en Ribas de Sil e o 1 de maio na Pontenova a través da seguinte páxina: http://inscricions.deputacionlugo.or
Cada venres abriranse novas inscricións cunha semana de antelación, ata completar o calendario😃😃.
Programa de actividades:
As actividades levaranse a cabo os sábados e domingos dos meses de maio, xuño e xullo.