Política de Privacidade

O CONCELLO DE CASTROVERDE informa ós usuari@s que a recollida e o tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través desta sede electrónica está suxeito ó establecido pola lexislación vixente en materia de protección de datos, a Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e o Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación, ó obxecto de garantir en todo momento a privacidade dos usuari@s, así como o segredo e seguridade dos seus datos persoais. o acceso e utilización da sede electrónica implica a aceptación desta política de privacidade que se detalla a continuación.

A recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través desta sede electrónica ten como única finalidade a prestación dos servizos proporcionados na mesma, así como os requiridos polos usuari@s e irá acompañada do preceptivo deber de información definido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Neste senso, os datos persoais facilitados polos usuari@s mediante correo electrónico e a través dos distintos formularios ou solicitudes existentes nesta sede electrónica serán tratados nos termos descritos nas cláusulas informativas que figuran ó pe dos mesmos, nas que, tal como dispón o mencionado artigo 5 de la Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informaráselles ós mesmos da existencia dun ficheiro ou tratamento de datos de carácter persoal, da finalidade da súa recollida e dos destinatarios da información, das posibles cesións de datos, da identidade e dirección do responsable do ficheiro, así como da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos e la forma de exercitalos. Os datos que se soliciten ós usuari@s serán os estritamente necesarios, axeitados e pertinentes para a finalidade para a que se soliciten, indicando no momento da súa recollida o seu carácter voluntario ou obrigatorio, así como as consecuencias da obtención dos mesmos ou a negativa a subministralos. En todo caso, os usuari@s serán responsables da veracidade e autenticidade dos datos que proporcionen, así como de calquera manifestación falsa ou inexacta que se produza como consecuencia das informacións e datos facilitados e os posibles prexuízos que do mesmo se derivasen. Estés datos incorporaranse ós correspondentes ficheiros de datos de carácter persoal inscritos no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos cuxo titular e responsable é o CONCELLO DE CASTROVERDE.

Infórmase tamén ós usuari@s que os seus datos serán tratados coas medidas de seguridade axeitadas de acordo co previsto no artigo 9 de la Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Título VIII do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Así mesmo, garantirase a confidencialidade dos datos e non se comunicarán a terceiros fora dos casos necesarios para xestionar os servizos proporcionados a través desta sede electrónica así como os previstos na normativa vixente. Os usuari@s poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos dirixíndose, na forma legalmente prevista a: CONCELLO DE CASTROVERDE, sito na PRAZA DO CONCELLO, 2.- 27120.-CASTROVERDE.- LUGO.TLF: 982-312.080.

A publicación de listas contendo datos de carácter persoal que puidera levarse a cabo nesta sede electrónica axustase á lexislación actual de protección de datos. Estas listas non constitúen unha fonte de acceso público e non poderán ser reproducidas, transmitidas e rexistradas por ningún sistema de recuperación de información sen o consentimento dos propios afectados e a autorización do CONCELLO DE CASTROVERDE.