🧠 OBRADOIROS CONTRA A DESINFORMACIÓN NO CONCELLO DE CASTROVERDE
Vivimos rodeados de información, pero non toda é verdadeira. Saber identificar bulos, contrastar fontes e detectar información falsa é cada vez máis importante.
Por iso, desde o Colexio Profesional de Xornalistas vannos impartir estes obradoiros para aprender, dun xeito práctico e sinxelo, a manexarnos con maior seguridade ante a información que recibimos a diario, especialmente a través das redes sociais e internet. 📱🌐
📍 Lugar: Centro Sociocultural Paco Pestana
📅 Data: sábado 28 de novembro
🕛 Hora: 12:00 h
Unha oportunidade para aprender, reflexionar e compartir ferramentas para estar mellor informados.
👉 Agardámoste!
-CONCELLO DE CASTROVERDE-


