Servicios Sociais

Os Servicios Sociais que ofrecemos comprenden aqueles recursos, actuacións e prestacións, dirixidas a axudar ás persoas e colectivos sociais a resolver os seus problemas e necesidades máis vixentes, creando e conseguindo recursos axeitados para mellorar a súa calidade de vida e a integración ó entorno social ó que pertencen.

Alguhas das función que integran son:

– Información, orientación e asesoramento ós cidadáns, sobre os seus dereitos e os recursos existentes no ámbito dos servicios sociais.
– Previr, detectar e analizar as situacións de risco e necesidade social.
– Prestacións do servicio de axuda no fogar (programa de atención individualizado dirixido a persoas ou grupos familiares dependentes ou en risco de dependencia, que contribue ó mantemento das mesmas no seu medio habitual, facilitando a autonomía funcional mediante apoios de carácter persoal, doméstico ou social prestados preferentemente no seu domicilio.)
Neste caso o Concello de Castroverde conta cunha traballadora social, dúas auxiliares municipais e a contratación da empresa “xentes” para a prestacións destes servizos.

CONTACTO

Dirección : Praza do Concello, nº2
27120 Castroverde
Lugo
Teléfono: 982 31 20 80
Fax: 982 31 30 11
Email: maria.dieguez.castroverde@eidolocal.es