Vilalle, San Pedro de

vilalle

San Pedro de Vilalle

Arc. de Bolaño, do ob. de Lugo. Segundo Piel, en Verba, 11, 1984, p-16, trátase de Villa Eulaliae, ou Eulalii.
C.P. 27124 Accesos: Inmediata á C 630; como a 2 km. da capitalidade. Esta freguesía está pousada nunha chaira que se permite a serra do Pradairo, zona da Vacariza, gozando dun ramal do Camiño Primitivo, que se bifurca algo máis arriba. Unha soa entidade de poboación.
Augas: A Valiña e mailo rego do Monte. Maior altitude: Na Vacariza, uns 900 m.

O templo é unha peza barroca do século XIX, elevada sobre planta rectangular. Muros de pedra revocados de morteiro. Cuberta de lousa. A nave cóbrese ás dúas augas sobre armadura de madeira cunha trabe tirante. Frontispicio de porta con lintel, óculo e unha esvelta espadana de dúas troneiras e de volutas cun van.
Presbiterio máis elevado cá nave, cuberto ás catro augas. Arco triunfal de medio punto, que descansa sobre impostas saíntes e pilastras. Un escudo que se atopa no pavimento do presbiterio, partido, presenta na primeira parte catro barras alternas con tres troitas. Na segunda parte un castelo de dous corpos cunha base de ondas. Ós pés do escudo lese: “AQUI ESTÁ ENTERRADO D. ALVARO DE ROIS I GAIOSO, REGIDOR DEL CONDADO DE LUGO …”

No A.Réxime tamén foi señorío dos condes de Altamira.

Sede electrónica

Descarga de solicitudes

Parroquias

i

Perfil do contratante

Horarios de autobuses

Calendario

Portal de transparencia

Plan antifraude

Mapa interactivo

Plano de Castroverde

Feria de artesanía

Fondo Galego de cooperación

Pentacle

Amigos do patrimonio

Punto de información catastral