San Miguel do Camiño, San Miguel

sanmiguel

San Miguel do Camiño

iguel. Hebreo: quen como Deus …? Ou, Deus é xusto. Iso do “Camiño”, empezando polos romanos; ¡e xa non fose anterior, que os romanos copiábano todo, que así herdaron a cultura grega! Do que non hai dúbidas é de que a calzada “romana” fixérona os do país, os nativos; e se cadra, algún que outro escravo).
Na aba dos montes Bidueiros, Trasorras e do Coto, formada polos lugares ou aldeas de San Miguel e Trasorras (Orras ou horras, horrea, hórreos, depósitos de víveres; ¿tras…, deles? Outra posibilidade a estudiar sería trans orra, ¿tras dos outeiros, tras dos montes?
C.P. 27127 Accesos: Na estrada 630, Lugo-Fonsagrada. Freguesía anexa de Covelas. Veiga fértil e frondosa de arborado. Confina con Rebordaos, Castroverde (Vilariño), Recesende e mailo Souto das Torres.

A igrexa está un pouco illada das casarías, ou sexa, do Camiño Primitivo, nun lugar chamado A Pena, que é un outeiriño que preside as praderías. Praderías estas que non podían faltar, coa auga que por alí teñen: Fontes da Insua, dos canos do Rei, Dos Pacios, a Bica Ferreira, a do Fidalgo, a de Pestana, a do Ferreiro, a do Souto Vello (nas beiras do Camiño), a do Penedo (pregunten aquí pola lenda da “Peseta”); a da Bouciña, a das Bouzas… Todo iso amén dos regatos seguintes: o da Ponte, que cruza a C-630; o do Souto Vello, o da Pena do Raposo, o da Bica Ferreira, o de Pacios…, ¡culminando no Chamoso!

Templo sinxelo: unha nave; presbiterio máis amplo e elevado, ás catro augas; arco triunfal de medio punto; sancristía no lateral norte. O ceo da nave e do presbiterio recóbrese cun taboado endebre. Retábulo neogótico; imaxes de escaiola. Cruz parroquial de madeira, dun metro. Cáliz de prata, século XVII, de 0,20. Incensario gótico, de metal. Lámpada de metal branco.

Os propietarios da vila de San Miguel do Camiño recoñeceron o señorío da casa de San Marcos de León, da Orde de Santiago, a cuxo dominio pertencía. E non soamente este lugar senón varios outros do distrito, (que hoxe descoñecemos), en 15 de agosto de 1.187. Fixaron as obrigas que adquirían por este concepto: vasalaxe e tributo, en cantidade e especie que tamén descoñecemos por non constar no documento orixinal que obra no A.H.N. Confírmao don Fernando Roderici, en nome da citada vila. Este documento-foro foi publicado nunha colección de documentos para a historia das institucións de León e de Castela dos séculos X a XIII, por Eduardo de Hinojosa.

Sede electrónica

Descarga de solicitudes

Parroquias

i

Perfil do contratante

Horarios de autobuses

Calendario

Portal de transparencia

Plan antifraude

Mapa interactivo

Plano de Castroverde

Feria de artesanía

Fondo Galego de cooperación

Pentacle

Amigos do patrimonio

Punto de información catastral