Arc. de Bolaño, do ob. de Lugo. Que empecen por Rebor- temos en Galicia unha infinidade de lugares, ríos, montes, etc. A importancia do rebolo, que é unha variedade de carballo (Quercus pyrenaica).
C.P. 27127 Accesos: Ir a pé a Rebordaos desde a capitalidade de Castroverde é unha gozada. ¡Non deixen de facer este sendeirismo!
Lugares: Fontao (que non require explicación), e Rebordaos; uns 30 veciños en total.
Altitude máxima, no Couto (634 m). Dispón das fontes do Choqueiro, de Pedreda e da Bica; por parte, están os regatos das fontes de Pedreda e da Carballa.
Templo parroquial.- Sinxelo. Nave rectangular, cuberta ás dúas augas sobre armadura de madeira con dúas trabes tirantes. Coro alto ós pés. Pavimento de terrazo. Polo interior, muros caleados. Un arco en cada lateral que acollía senllos retábulos. Frontispicio cunha porta en lintel; un ventanal rectangular e unha espadana de dous vans, cun terceiro no cimacio. Presbiterio máis amplo e elevado cá nave; cadrado, cuberto ás catro augas sobre armadura de madeira. Sancristía na parte posterior, máis baixa có resto do templo, ás tres augas, con dous accesos dende o presbiterio. Esta igrexa reformouse en data recente, ocasión na que se retiraron os retábulos laterais. Conserva as tallas de san Xurxo, ecuestre, titular, de 0,90 m., século XIX; Neno Deus, de 0,65; santo Antón Abade, de 0,65, do século XVI, popular; santo Anxo, de 0,65, cunha ánima da man esquerda e un diaño alado ós pés. Cáliz de prata cicelada, sinxelo, de 0,24.
No AHN consérvase documentación do ano 1214.
Señorío do conde de Altamira; ¡un máis; este tamén!