Moreira, Santa María de

moreira

Santa María de Moreira

Mor, pedra; pero é máis probable que se refira á árbore chamada moreira, moreira negra, ou morus nigra. É anexa de Paderne. Hoxe engloba Soutomerille. O padroado da súa igrexa pertenceu ó convento-priorato dos Bernardos de Meira. C.P. 27142
Comprende os lugares ou casaríos de Casas do Monte, Moreira, Nadela (o nome Nadela, ¿natela, filliña?, abunda moito por Lugo, tanto en topónimos como en apelidos), e Vilar de Cas (¡Cave canem!, que así avisaban os romanos, nos umbrais das súas casas, pero aquí son de palleiro, amansados, pacíficos).

Augas: O Augueiro e o San Paio. O regato da Auga, que está nun prado. E logo as fontes da Carada, da Fontiña, de Moreira, de Pipín, da Ponte, Trigueira e da Zarza. En Vilar están a das Cambas, a de Riba, a de Baixo, a da Pita, a do Pozo do Sabugueiro, a das Quenturas, o Cano de Lodeiro, o do Cancelo, o da Rega, na agra do Albarín. Por se isto fose pouco, aínda cabe menciona-lo regos de Nadela, que nace en Castedo, ¡e mailo Douro! (¿Estará ben bautizado?).

Montes: As Presas (583 m).

O templo é unha modesta peza rural, de planta rectangular. Nave de 5,80 x 10,80; presbiterio de 5,75 x 6,70. Frontispicio esvelto, en cadeirado de granito, porta alintelada, espadana con dúas troneiras e unha terceira no cimacio, decorada con pináculos e volutas. Presbiterio algo máis alto e reducido cá nave, ás catro augas. Arco triunfal de medio punto, con impostas saíntes, decoradas con liñas xeométricas. Coro alto ós pés. Pía bautismal cadrada, de 0,70 x 0,70 m.
Retábulo sen valor. Cristo, de 0,80 m.; Santa, de 0,75 m.; Inmaculada, de 0,50 m.; Santa, de 0,15 m. Cáliz sinxelo, de 0,21; copón, de 0,15, semiplano.

Sede electrónica

Descarga de solicitudes

Parroquias

i

Perfil do contratante

Horarios de autobuses

Calendario

Portal de transparencia

Plan antifraude

Mapa interactivo

Plano de Castroverde

Feria de artesanía

Fondo Galego de cooperación

Pentacle

Amigos do patrimonio

Punto de información catastral