Natureza

A TERRA
Tan certo é que o home moldea as terras, como que unha terra fai un home, e quen di un home unha muller di, á súa imaxe e semellanza. Tales son as forzas, as influencias, a interacción, dun hábitat espléndido, xeneroso, confortable… O que é aquí, en Castroverde, comungamos con estas ideas.

RELEVO
Augas a dúas vertentes, pero ambas miñotas. O Azúmara opta polo alto Miño: saltariqueiro, acelerado. Na outra caída, o Tordea e mailo Chamoso, son calmos, pausados. Augas ferrosas, desas que abren o apetito, (ou máis ben, os apetitos!

A erosión foi xenerosa con estas terras, baixando das alturas do Miradoiro e do Puñago canto de bo tiñan e producían, de tal xeito que os nosos vales adoitan pasar dos 500 m. ¡Terras de aluvión, puro fondal!

CLIMA
Hai que definilo como de transición do oceánico-continental ó oceánico de montaña debido ó aumento considerable de altitude, cunha suave diminución das temperaturas e un lixeiro incremento das precipitacións.

As estatísticas térmicas dan unha media anual de 111 C., situándose os valores máis baixos aló por Xaneiro, nos que a media descende dos 61 C, incluso en zonas solías, e de 21 C se subimos ó Miradoiro.
En Agosto, cunha media de 18 C., todo por aquí estase na gloria, maiormente nos soutos de frondosas.

En canto ás precipitacións anuais estas non son nin tan escasas que periguen os prados, nin tal altas que rompan o paraugas. Andan polos 1.000 milímetros de media, que para Galicia é un óptimo.

FLORA E FAUNA
A vexetación clímax está representada polas frondosas (castiñeiro, carballo, bidueiro…), do que aínda se conserva unha extensión considerable. Pódese atopar mesturada co bosque de colonización, ou formando pequenas masas puras. Localízase preferentemente preto das marxes dos regatos e das zonas máis afundidas topograficamente. O bosque alóctono está representado basicamente polo piñeiro que, ó igual có bosque clímax, distribúese por todo o concello, aínda que as masas máis puras localízanse nas alturas.

Un recente Estudio de Impacto Ambiental retratounos como segue: Tonalidades, contrastes e cores.- Dominan (todo por aquí) as tonalidades verdes, alternando os matices e as tonalidades desta cor, xerados pola vexetación arborada, coas cores ocres das terras labradas ó redor das aldeas, polo menos durante unha parte do ano. Os contrastes cromáticos menores, situados sempre dentro das tonalidades verdes, son permanentes, e están orixinados pola diferente composición vexetal, cun arboredo diverso, no que as coníferas aportan tons escuros, os bosques caducifolios matices máis claros, e as praderías, verdes brillantes. Neste sentido, durante algúns meses danse os contrastes máis extremos ó coincidir as coloracións verde claro, brillantes, da follaxe nova da primavera do bosque caducifolio e da herba nova dos prados cos tons escuros constantes dos piñeiros. Tamén hai que suma-la floración masiva dos breixos, que enchen de tons malvas e violetas as abas desprovistas de arboredo.

En canto á fauna, se se ve pouca é porque se esconden… Algunhas curiosidades:

O lobo (Canis lupus), que si se deixa ver de cando en vez.
O xabaril (Sus scrofa), que está encantado co notable incremento dos nosos maínzos.
O zorro (Vulpes vulpes), que anda fraque desde que demos en engaiola-las pitas.
O coello de monte (Oryctolagus cuniculos) e maila lebre (Lepus capensis), cadora máis escasos e fuxidíos.
A perdiz e mailo paspallás, que case nos abandonaron desde que non hai seituras.
Os que si andan tan mestos coma os merlos das silveiras son os corzos (Capreolus capreolus). ¡Dá gusto velos saltar nas corredoiras, de valado a valado!
Polo que fai á pesca, de río obviamente, esa está en su lugar, descanso; ¡confiemos no seu retorno!

Sede electrónica

Descarga de solicitudes

Parroquias

i

Perfil do contratante

Horarios de autobuses

Calendario

Portal de transparencia

Plan antifraude

Mapa interactivo

Plano de Castroverde

Feria de artesanía

Fondo Galego de cooperación

Pentacle

Amigos do patrimonio

Punto de información catastral