-CURSO DE MANUALIDADES, CESTERÍA, RESTAURACIÓN E TAPICERÍA NO CONCELLO DE CASTROVERDE-
O Concello de Castroverde pon en marcha este sábado, 7 de novembro, o Curso de Manualidades, Cestería, Restauración e Tapicería, unha actividade que se desenvolverá ata maio de 2027.
Aínda quedan algunhas prazas dispoñibles para todas aquelas persoas interesadas en aprender, desenvolver a súa creatividade e descubrir ou perfeccionar diferentes técnicas artesanais.
– Persoas empadroadas: 15 €.
– Persoas non empadroadas: 35 €.
As prazas son limitadas (máximo 10 persoas por grupo), con preferencia para as persoas empadroadas en Castroverde.
Anímate a participar! Aínda estás a tempo de reservar a túa praza! 
-CONCELLO DE CASTROVERDE-


