🎬 O FESTIVALIÑO ON THE ROAD chega a Castroverde!
O vindeiro luns, 5 de outubro, o Concello de Castroverde trae ao C.P.I. Plurilingüe de Castroverde o FESTIVALIÑO ON THE ROAD, unha caravana itinerante de cine infantil pensada para achegar a maxia do cinema ás nenas e aos nenos.
🕥 De 10:30 a 13:30 horas, o alumnado de Educación Infantil e Primaria irá pasando por grupos para gozar dunha selección de curtametraxes adaptadas ás súas idades, nunha experiencia lúdica e educativa para descubrir e desfrutar do cine dunha maneira diferente.
🍿 Unha mañá de cine, imaxinación e diversión para os máis pequenos!
-CONCELLO DE CASTROVERDE-
#Castroverde #FestivaliñoOnTheRoad #CineInfantil #Cultura #Educación


