-REABRIMOS AS PISCINAS MUNICIPAIS DE CASTROVERDE-

-REABRIMOS AS PISCINAS MUNICIPAIS DE CASTROVERDE-
Dende o Concello de Castroverde comunicamos que, dende hoxe, mércores 12 de agosto de 2026, as piscinas municipais volven estar abertas ao público.
Tras os feitos acontecidos nos últimos días, realizáronse os correspondentes tratamentos e controis sanitarios, recibindo finalmente os resultados favorables das analíticas, polo que se pode proceder á reapertura das instalacións con todas as garantías sanitarias.
Queremos agradecer a comprensión e paciencia de todas as persoas usuarias durante estes días de peche.
Así mesmo, volvemos pedir responsabilidade e respecto polas instalacións municipais, para que entre todos e todas poidamos desfrutar delas en condicións adecuadas.
As piscinas municipais xa están novamente abertas.
-Concello de Castroverde-

 

Sede electrónica

Descarga de solicitudes

Parroquias

i

Perfil do contratante

Horarios de autobuses

Calendario

Portal de transparencia

Plan antifraude

Mapa interactivo

Plano de Castroverde

Feria de artesanía

Fondo Galego de cooperación

Pentacle

Amigos do patrimonio

Punto de información catastral