-HOMENAXE A MANUEL LENCE FERNÁNDEZ-
O vindeiro xoves 13 de agosto, ás 13:00 horas, xuntarémonos xunto ao Colexio de Miranda para render unha homenaxe a Manuel Lence Fernández (1878–1957), un home nacido nesta parroquia que, grazas ao seu esforzo, espírito emprendedor e compromiso coa sociedade, deixou unha fonda pegada.
Con este acto queremos recoñecer a súa traxectoria e poñer en valor o legado dunha persoa que nunca esqueceu as súas raíces e que contribuíu ao progreso e ao benestar de moitas persoas.
Convidamos á veciñanza e a todas aquelas persoas que desexen acompañarnos a compartir este momento de lembranza, gratitude e recoñecemento.


