O vello lavadoiro de Souto de Torres lucirá pronto a súa mellor cara. O Concello de Castroverde rehabilitará este espazo cun investimento integramente municipal de 29.972,18 €. Grazas á súa localización a pé do Camiño Primitivo, esta recuperación porá en valor o noso patrimonio para o goce de veciños, peregrinos e outros visitantes.
-CONCELLO DE CASTROVERDE-


