-O CONCELLO DE CASTROVERDE ADQUIRE UN NOVO TRACTOR MUNICIPAL PARA,ENTRE OUTRAS COUSAS, MELLORAR O MANTEMENTO DAS VÍAS-
O Concello de Castroverde reforza o seu parque de maquinaria coa adquisición dun tractor seminovo Case IH Puma 165, sendo a empresa adxudicataria AGRICOLA CALVO S.L.
O vehículo comezará a operar de inmediato nas tarefas de desbroce e limpeza das estradas do municipio.
A adquisición supuxo un investimento total de 70.754,30 € financiado cunha achega de 50.000 € por parte da Deputación de Lugo e de 20.754,30 € con fondos municipais.
A compra fíxose entregando como parte de pago un tractor municipal antigo (marca SAME) que estaba avariado e cuxo arranxo non era viable.
-CONCELLO DE CASTROVERDE-


