-HOMENAXE CENTENARIO NO CONCELLO DE CASTROVERDE-
🎉Moitos parabéns a dona Genoveva Fernández López polos seus 100 anos!🎉
O Concello de Castroverde quixo sumarse á celebración deste 19 de maio de 2026 entregándolle unha placa homenaxe. Genoveva naceu na casa de Cando (O Grandón, Bolaño) é a primoxénita de sete irmáns, dos cales hoxe só viven tres. Casou alá polo ano 1948 e trasladouse a Pereiroá, na mesma parroquia, onde entregou a súa vida ás labores do fogar e á crianza dos seus tres fillos. Tras enviuvar hai tres décadas, hoxe continúa a vivir en Pereiroá rodeada do agarimo de dúas fillas, un xenro e varios netos. Aos seus cen anos atópase con moi boa saúde e desfruta moito vendo a televisión e lendo revistas.
-Concello de Castroverde-


