▶️ Con motivo do Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento, o vindeiro 21 de maio, o Grupo de Traballo de Interculturalidade da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o encontro “Convivir en diversidade: como construír vilas inclusivas”, que terá lugar o 23 de maio no Centro Sociocultural Paco Pestana, en Castroverde (Lugo).
Animámosvos a participar e reflexionar connosco sobre como a diversidade cultural xa forma parte da realidade local, fortalecendo a convivencia e promovendo o benestar comunitario.
Prazas limitadas ata completar aforo.
Organiza: Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Colabora: Concello de Castroverde

