“Obra rematada: Castroverde xa ten campo da festa ampliado para seguir facendo historia”.

O Concello mercou  dúas fincas situadas nas inmediacións do actual campo da festa, co fin de ampliar este espazo e mellorar as condicións para a celebración dos diversos eventos festivos e sociais que se realizan ó longo do ano.

As fincas foron adquiridas por un total de 53.000 euros, desglosados de seguinte maneira: unha por 25.000 euros e a outra por 28.000 euros. Ademais, investíronse 30.000 euros no acondicionamento destas parcelas, co obxectivo de integralas adecuadamente no recinto, mellorando a súa accesibilidade e funcionalidade para futuras actividades.

Por outra banda, o Concello de Castroverde rematou recentemente a construción dunha nova pasarela peonil, que conecta a zona do Cortés co Centro Gandeiro, mellorando a mobilidade e facilitando un acceso máis seguro e directo ao recinto da feira. Esta infraestrutura, xa en funcionamento, será de gran utilidade durante os días de feira e outros eventos, permitindo un fluxo de persoas máis cómodo e accesible.

Con estas iniciativas, o Concello reafirma o seu compromiso de mellorar os espazos públicos, favorecer a accesibilidade e potenciar o desenvolvemento das nosas tradicións e festas, creando un ambiente máis seguro e acolledor para a veciñanza e os visitantes.

Sede electrónica

Descarga de solicitudes

Parroquias

i

Perfil do contratante

Horarios de autobuses

Calendario

Portal de transparencia

Plan antifraude

Mapa interactivo

Plano de Castroverde

Feria de artesanía

Fondo Galego de cooperación

Pentacle

Amigos do patrimonio

Punto de información catastral