1823. Incursión en Castro Verde dos carlistas de Burón.
A facción de Burón (Fonsagrada) que dirixía Juan Martínez Villaverde (cura de Freixo, arcediago de Melide e cóengo en Mondoñedo), xunto co escribán José Ramón Abuín, era unha das partidas máis importantes que operaban na nosa Terra, con arredor de 900 guerrilleiros segundo algunhas fontes. O pri-meiro deles foi tamén un dos xefes prominen-tes da guerrilla carlista galega, exiliado a territorio francés, mentres o seu irmao Fran-cisco Javier caía en combate en 1836.
Este clérigo tradicionalista buronés expli-caba as correrías carlistas a través das serras orientais que principian en Castro Verde recoñecendo que para «adelantar la justa causa pudo —no sin bastante trabajo— trasladarse a las montañas que separan el país de Burón de los valles de Pedroso y Neira de Rey, de cuyas gentes y terreno tenía bastante conocimiento con motivo de haber sido cura de Freijo y mandado en ochocientos veinte y tres el levantamiento y realistas de Burón», aínda que actuase máis ben como mero coordenador entre os diferentes grupos galegos, atendendo mesmo á súa idade e es-tado de saúde.
Nado en Burón en 1774, por volta de 1813 Martínez Villaverde era o párroco das fregue-sías próximas de Degolada, A Lastra e Freixo, organizando entre 1822-23 unha partida re-alista contra os liberais, actuación que lle sería recoñecida en 1828 co seu nomeamento como cóengo de Mondoñedo e posteriormente como arcediago de Melide en 1833. Un ano despois xa figura como un dos carlistas máis activos e destacados na luita guerrilleira en territorio galego e convencido absolutista ultraconservador que chegou a presidir a Junta Carlista Superior Gubernativa de Galicia, falecendo en 1843 exiliado en San Xoán de Luz, donde se refuxiara logo de suspender en 1839 a actividade debido á insubordinación dos diversos cabecillas locais.
Algúns dos dirixentes buroneses son identificados no seguinte parte emitido polo coronel comandante militar do cantón de Fonsagrada o día 18 de marzo de 1836 con motivo da operación levada a cabo contra unha facción carlista no entorno da parroquia de Ferreira, perto do alto do Cerredo: “Desde la Gasalla marché el 10 y salí a Córneas, donde supe se dirigía Bullán con unos 70 hombres hacia la Tumbiadoira; el 17 reconocí las peñas del Rastrelo y no hallé los facciosos; dividí mi fuerza en dos columnas: la de la izquierda, al mando del capitán D. Francisco Valdés, tuvo la noticia de que Mosteiro, Bullán, Sambreijo y otros, en número de 250 hombres, se dirigían hacia Ferreira de Arriba; me hizo una señal, conocí la precisión de dirigirme sobre él para reforzarlo, mas como el camino que llevaba Valdés era más corto, llegó el primero al puentecillo, donde los facciosos principiaban a cortarle el puente, lo que evitó con algunos tiros que hicieron retirar a los facciosos, subiendo éstos al pueblo de Ferreira de Arriba, el cual fue desde luego atacado por Valdés, y los enemi-gos, tomando las peñas que dominan al pue-blo, posición inaccesible, se parapetaron de-jando una columna en reserva sobre el ca-mino de San Mamed. En este estado, casi con la noche encima, y debilitada la columna, por los diferentes puntos a los que había tenido que atender, no detuvo esto a este bizarro oficial para atacar con sólo treinta y cinco cazadores del 15 de línea y unos 20 Naciona-les de constante servicio de la Fuensagrada, a la orgullosa facción que lo desafiaba. El fuego que hicieron fue horroroso, pero Valdés, impávido sobre su caballo y la fuerza con arma a discreción despreciando el fuego, tomó el parapeto arrojándoles a la otra parte, con pérdida de tres facciosos muertos y por-ción de heridos que debieron llevar, mediante los charcos de sangre y paños empapados en ella, que hemos encontrado esta mañana en el reconocimiento del campo. El enemigo huyó vergonzosamente y con la oscuridad de la noche ignoro su dirección cierta. Espero a mi confidente para continuar su persecución; dos armas de fuego y una ridícula caja de guerra quedaron en nuestro poder. Es cuanto tengo que comunicar a V. E., reiterándole de nuevo el buen comportamiento en esta acción, lo mismo que en las anteriores, de todos los señores oficiales y tropa.”.

Santiago de Vilariño, centro histórico da Terra de Castro Verde, obxectivo preferente dos ataques carlistas (foto R. Polín).
As refregas e movementos deste dirixente carlista sucederanse pola nosa xeografía, así como o seu control territorial sobre a comarca oriental alén Castro Verde, de onde partía a facción de Burón con máis de 300 homes un 16 de febreiro de 1823, despois de violentos enfrontamentos co exército liberal na vila castroverdense, nos que foran apresados os oficiais Martínez e Porto debido a que o xefe da partida (o escribán e procurador da Póboa de Burón, Sr. Abuín , apresado en Cervantes e executado en Lugo ese 20 de marzo, con gran teatralidade) dera orde de se retirar a unha aldea inmediata do municipio de Castro Verde en tanto duraba a operación militar, ficando finalmente atrapados e detidos ao avanzaren os liberais cara esa parte, xunto con sete prisioneiros que formaban parte da escolta. O Libro de Defuncións da freguesía de Santiago de Vilariño dá conta de dous solda-dos falecidos nos combates, un por cada bando, sendo enterrados no cemiterio vello ao día seguinte dos enfrontamentos.
Esta agrupación realista —dirixida conxuntamente polo cura de Freixo, don Juan Martínez, e por Ramón de Abuín, co apoio e colaboración doutros cregos e escri-báns como Manuel Sánchez ou Pedro Ferrei-rós Pardo (notario de Burón e logo de Castro Verde, finalmente acollido á amnistía decre-tada polos liberais, o mesmo que o 11 de novembro de 1809 daba fe dos saqueos dos franceses nas parroquias da Esperela e San Lourenzo de Pousada, entón da xurisdición de Castro Verde, onde viñeran acampar os invasores, matando tres homes na última das freguesías mencionadas)— sería a responsá-bel da maioría das refregas carlistas que se deron por estas datas na montaña oriental próxima a Castro Verde, desprazándose en ambos sentidos polo camiño real de Oviedo a Lugo. A accidentada orografía, xunto coa dispersión e pobreza dos núcleos rurais, se ben favoreceran a aparición de numerosas partidas, tamén dificultaron a coordinación e facilitaron a autonomía dos dirixentes locais na toma de decisións. A facción buronesa que actuara en Castro Verde sería completamente derrotada nos días posteriores e apresados os principais cabecillas despois de que se asentase un cuar-tel xeral na Lastra (Valeira) co exército desprazado ao efecto baixo o mando do mariscal Antonio Quiroga, logrando importantes vitorias tanto na Fontaneira como en San Xoán da Lastra (en cuxo antigo camposanto seica repousa un dos dirixentes da partida carlista da propia Fontaneira).
Os éxitos liberais veríanse completados cando dúas columnas atacaron aos carlistas que no seu avance se parapetaban ocupando toda a liña de casas arredor do río na Póboa de Ná-via, fortificando e atrancando a ponte vella nun extremo “con ramage mal coordinado” e facendo gran resistencia, confiados nesa fráxil defensa. Mais tomada a praza polas forzas gobernamentais e perseguidos en todas direc-cións (“la tropa se cansó de matar…”), falece-rían gran parte dos rebeldes, sendo apresados outros doce. Os restos da facción carlista (tal-vez non máis de medio cento dos 300 que actuaran en Castro Verde, dado que se presu-pón que foran abatidos 238 soldados carlistas e detidos outros doce) serían perseguidos polo exército isabelino, quen ao seu paso destruíu numerosas pontes sobre o río Navia, entre elas a antiga Ponte de Gatín e mais a de San Martín, xunto con outras dúas intermedias de madeira, ignorándose se os restos da partida carlista fuxiron cara Cervantes ou trataron de regresar a Burón polo lado de Sena, no conce-llo de Ibias, segundo o parte que asinou en Betanzos don Francisco Taboada y Gil, Comandante Xeral do sétimo distrito xeral, un 21 de febreiro de 1823.
Rebelión dos quintos de Castro Verde: refuxio nas partidas car-listas.
Por aquel entón, algúns mozos de Castro Verde chamados a quintas acabaran por ingresar en agrupacións carlistas (xunto coas faccións de Burón, tamén operaban na co-marca outras partidas de Pol e mais de Sarria, distinguíndose xa o cura de Freixo como líder do carlismo galego), para fuxiren cos sedicio-sos ou realistas despois de se amotinaren o día 3 de setembro de 1822 na casa do concello e posteriormente no sorteo de mozos de 1827, portando paos e facendo alborotos que eran axitados —cando non promovidos— polo clero máis conservador, segundo acontecera tamén coas faccións buronesas comandadas por Ramón de Abuín, do que dá fe o secretario da corporación municipal castroverdense, don Manuel María Díaz. (Téñase en conta que os clérigos e os fidalgos defendían os seus privilexios con faccións mercenarias que se mobilizaron polas aldeas até o ano 1840 en que conclúe a primeira das guerras carlistas, sendo estes conflitos provocados durante a celebración dos sorteos dos mozos para o servizo militar unha das estratexias favoritas para se manifestar contra o liberalismo). Porén, a 30 de marzo de 1834, a prensa liberal dá conta dun parte militar segundo o cal ti-ñan desaparecido as pequenas faccións carlis-tas formadas nas xurisdicións de Castro Verde, Meira ou Sobrado dos Monxes, atribu-índo dita extinción á falta de voluntarios para engrosar as súas partidas, sen lograr un seguimento significativo dos habitantes des-tes territorios, resultado que exemplifica a propaganda isabelina aludindo á conforma-ción sen novidade das quintas de reemprazo para o servizo militar.
1836. Irrupción carlista na feira de Castro Verde.
Outro acontecemento de certa relevancia pú-blica foi a violenta irrupción dos carlistas buroneses na feira de Castro Verde a mañá do domingo 20 de marzo de 1836, onde permaneceron até a tarde dese mesmo día en que ao se desfacer o mercado partiron ben cara Monforte de Lemos polo Camiño Ancho, ou en dirección a Cervantes por Cancelada, segundo as fontes de información, en todo caso cometendo “tropedías y vejaciones, como acostumbran, incendiando casas y perpetrando otros excesos”. (Esta presenza dos rebeldes buroneses na popular feira castroverdense viña precedida dun encontro cara Navia de Suarna cos soldados de tropa lixeira destinados á persecución dos malfeitores pola Fonsagrada e que dera como resultado a perda de diversos panos, xoias e outros efectos roubados previamente polos carlistas en Monforte, ao tempo que se producían numerosos mortos e prisioneiros nas súas filas, todo o cal leva á prensa da época a concluír en que brillaron “las armas de la Reina”).
Curiosamente, coa intención de solicitar o indulto, presentáranse días antes dous faccio-sos carlistas de Castro Verde na Comandancia Militar de Lugo. Segundo o parte do coronel Marqués de Astariz asinado con data 20 de marzo, trataríase do veciño de Furís chamado Francisco da Veiga e mais de Ramón Cedrón, de San Lourenzo de Pousada (da xurisdición castroverdense no Antigo Réxime, agora no municipio da Valeira). En ambos casos, depositarían unha fianza para responder do seu cambio de conduta, á par que —como consecuencia desta rendición— poñíase en liberdade ao pai deste último, don Domingo Cedrón, quen permanecía preso ao ser tomado como refén, feito que sen dúbida facilitaría a entrega dos dous carlistas mencionados.
O paso das tropas dos xenerais Miguel Gómez e Baldomero Espartero por Castro Verde.
Neste marco da primeira guerra carlista, un 16 de xullo de 1836 entraron en Castro Verde con gran espectacularidade as tropas da división comandada polo xeneral Baldomero Espartero, en persecución da columna carlista de Miguel Gómez que pasara un día antes e que formaban cen carros tirados por bois, cargados con armamento e munición, procedentes de Oviedo polo camiño real de Fonsagrada, vila á que os soldados carlistas arribaran o día catorce facendo numerosos estragos nas terras buronesas. O desfile desta impresionante columna militar debeu resultar asombroso para a veciñanza de Castro Verde que observaba o rápido avance cara Lugo do continxente formado polos soldados, cabalos, bois, carruaxes, material de guerra e avituallamento.
Nos arrabaldes de Castelo, a onde chegaran os carlistas o día 15 de xullo, as tropas de Gómez que viñan de Castro Verde deterían a súa marcha ao contemplaren a acumulación de tropas inimigas que os agardaban, o que motivaría unha longa espera antes de que as forzas carlistas tomasen a decisión de rodear a cidade lucense desde a Chanca á Ponte Vella do Miño, debido principalmente ao acoso de que eran obxecto polo exército de Espartero que avanzaba un día despois por Castro Verde causando outra grandiosa impresión nos habitantes das aldeas situadas sobre o camiño real, antes de facer noite na capital de Lugo e se reunir coas forzas do capitán xeneral de Galiza, don Manuel Latre, incapaz por si só de lle cortar o paso ao exército carlista de Gómez.
A intención de Espartero de pasar a noite na cidade de Lugo, logo de acordar con Latre os movementos a realizar na xornada seguinte (día 17) para a mellor defensa da mesma, obrigarían ás tropas carlistas a permanecer inmóbeis desde as 10 da mañá até o toque de oración e a acelerar logo a súa marcha sobre Compostela para fuxir do alcance da división liberal, dirixíndose cara Sobrado dos Monxes, onde atacaría un convoi escoltado con 150 infantes ao mando do tenente coronel Ventura de la Bárcena, asaltado ás oito da mañá por un batallón carlista avanzado e cen cabalos, operación rexeitada durante catro horas, até a entrada de toda a facción carlista na localidade, cercándose por un período de cinco días aos liberais refuxiados no mosteiro cistercense, baixo a presión do inminente alcance das tropas de Espartero.

Camiño real utilizado polas tropas dos xenerais Miguel Gómez e Espartero ao paso por Castro Verde (foto R. Polín).
Tal sería o motivo de que a facción carlista avanzase precipitadamente e con desorde por Bahamonde, fuxindo sen realizar ningunha parada até conseguir entrar en Asturias o día 24 do mesmo mes, véspera da celebración da festa do Apóstolo (patrón de Castro Verde e da capital galega), despois de perder máis de 800 homes nas súas incursións polo territorio galego (50 e un oficial en Lugo, e o resto en Sobrado, Compostela, Betanzos ou Mondo-ñedo), tratando agora de penetrar en Euskal Herria malia a permanente persecución de Espartero, cuxas tropas continuaban co ase-dio despois de durmiren en Grandas de Sa-lime a noite do 28 de xullo, controlando o exército galego o seu territorio). Co obxectivo de dispersar aos invasores, estas ofensivas das partidas rebeldes obrigarían á concentración das forzas liberais isabelinas na capital lucense, como centro base das opera-cións, abandonando o control exercido sobre outros lugares esparexidos polo distrito, se-gundo recoñece o comunicado emitido pola Comandancia General de Lugo o 29 de xullo de 1936, asinado polo brigadier Carlos Tolrá, quen afirma que foi esa medida extrema de agrupación das tropas na defensa de Lugo quen destruíu as esperanzas do xefe rebelde Miguel Gómez, o cal, confiado na súa forza numérica, “tuvo la insensated de conducirla al frente de esta ciudad, creyendo ocuparla sin obstáculo ninguno”, polo que ficaría sor-prendido coa visión impoñente desde o alto de Castelo, sen se atrever a provocar escara-muza algunha nos arredores até a súa partida cara Sobrado dos Monxes a noite seguinte.
1873. A toma de Castro Verde polo crego de Seixosmil e o Lei-teiro de Veiga.
As nobres terras castroverdenses mesmo acabarían padecendo a reacción dos fidalgos da Ribeira de Piquín ao trataren de evitar os ataques liberais contra os seus foros e tradi-cións, cando durante a terceira guerra carlista se uniron ás partidas realistas ou absolutistas que comandaba o cura de Seixosmil (Meira), frei Gregorio Colmenero, entre cuxas actua-cións políticas figura como a máis sonada a propia toma de Castro Verde no mes de setembro de 1873, aínda que segundo a tradi-ción os invasores caerían nunha emboscada preparada polas forzas gobernamentais apoiadas na traizón dalgúns dos seguidores do crego rebelde, derivando no aforcamento público de varios carlistas na propia Praza de Santiago de Vilariño, capital municipal e centro histórico da vila medieval.
Por entón, destacaba entre os carlistas de Castro Verde o popular Leiteiro de Veiga, na freguesía de Monte Cubeiro, un labrego fac-cioso que se fixera coñecido polas súas andan-zas e seguimento fanático do cura de Seixos-mil, do que deixou constancia na memoria Vilabella de Berlán, avó de Xosé María Gó-mez Vilabella, quen define a frei Colmenero como “un dos máis bragados de toda a carlis-tada”. (En todo caso, os factores xeográficos determinarían que o municipio de Castro Verde —como teatro de operacións dos carlis-tas— se vinculase ás faccións de Burón ou da zona de Meira. As quebradas e os tesos das serras orientais, asociado á friaxe do seu clima, ás mestas fragas boscosas e á tupida rede fluvial que corta o territorio, dificulta-ban a mobilidade das tropas regulares, favorecendo e encubrindo o operativo guerri-lleiro que se apoiaba na dispersión da poboación arredor das parroquias. Así, as comarcas montañosas do leste do país galego fixeron gala de gran tradición carlista, sendo frei Gregorio Colmenero unha das súas figu-ras destacadas nesta área que incluíu a Castro Verde dentro das súas operacións bélicas, onde Manuel Osorio da Fonsagrada foi outro dirixente carlista importante na 3ª guerra carlista).
Confiscacións nas algaradas carlistas (e na ocupación fran-cesa) polas aldeas de Castro Verde.
Actuacións como a toma de Castro Verde polos carlistas de Colmenero, así como as operacións dirixidas polo Leiteiro de Veiga, adoitaban ter como obxectivo requisar as contribucións necesarias para soster as fac-cións, incautándose de armas, de cabalos, alimentos, roupa e caudais que axudasen a soster a guerra, mesmo confiscando tributos destinados ao Estado liberal. (Na memoria colectiva da veciñanza castroverdeira perdu-rou a lembranza dalgúns eventos e estrate-xias para se protexer contra a incautación dos escasos recursos familiares que atesoura-ban os fogares do municipio, como é o caso dun paisano de San Paio de Arcos que polo medio do século XX aínda evocaba o mo-mento en que gardara os seus aforros debaixo da lareira, en previsión dos asaltos das faccións carlistas, seguindo o exemplo aprendido do seu propio pai nos tempos da invasión francesa, quen tamén ocultara o diñeiro baixo da cinza do lar ao paso dos soldados de Napoleón por Castro Verde).
Emboscadas en Bolaño.
Os asaltos a vilas e outras poboacións non adoitaban ser excesivamente frecuentes de-bido ás dificultades e riscos que entrañaban, fronte á emboscada por sorpresa que derivou nunha das operacións estratéxicas máis produtivas para as partidas de guerrilleiros carlistas, previa planificación do asalto a unha columna de soldados liberais, a un co-rreo escoltado, un transporte de caudais ou unha fortificación, se ben en ocasións serían as propias faccións carlistas as que padece-rían os efectos destas emboscadas en lugares singulares, segundo aconteceu na impresio-nante Corredoira do Calvario que daba acceso á parroquia de Bolaño —nas inmediacións da igrexa polo norte, vindo de Monte Cubeiro, unha fondísima, sombría e fermosa congostra pola que lembramos ter transitado en numerosas ocasións nos anos 60 e 70 do sé-culo XX, de camiño para a feira de Castro Verde, aproveitando o frescor da corredoira nos días de calor abafante e malia a lameira que imperaba no chan—, mítico escenario tamén coñecido como “Corredoira dos Carlis-tas”, onde veciños de Bolaño apoiados por outros de Pena e pertrechados con todo tipo de artefactos, armas e apeiros de labranza, derrotaron a unha facción de guerrilleiros que asaltaran a casa de Madarro. Os antigos lugareños destas dúas parroquias mantiñan o acordo de que, no transcurso desta violenta actuación, un veciño de Pena dera morte a un carlista coa rella dun arado, en tanto outro dos facciosos perdera un ollo na encarnizada liorta.
A prensa escrita tense feito eco desta reacción da veciñanza de Pena e mais de Bolaño, freguesías castroverdenses que anos despois competirían e mesmo se asociarían coas súas respeitivas bandas de música famosas na extensa comarca que tamén asistira a estas correrías carlistas. Conforme á súa versión, na mañá do mércores día 12 de outubro de 1888 irromperan en Bolaño cinco homes descoñecidos, armados con trabucos e revólveres, pistolas e coitelos, encamiñándose á casa de Pedro Madarro, na que penetraron ferindo gravemente a unha irmá do propietario da vivenda chamada Rosario, quen tratara de lles impedir o paso e cuxos berros de auxilio alertaron ao alcalde de barrio e ao tenente da reserva Domingo Ferreiro Penado, que acudiron ao lugar e reuniron veciños das mencionadas localidades, desencadeándose unha férrea pelexa na que os asaltantes fixeron uso das súas armas de fogo, fronte ás armas brancas e outros medios improvisados dos que botaron mao os paisanos e que rematou con varios feridos de consideración por ambas partes, á vez que eran capturados catro dos carlistas aos que lles foron incautadas as armas que portaban, carteiras, cédulas de veciñanza por duplicado, pólvora e gran número de municións para diferentes calibres, sendo conducidos estes detidos ao cárcere de Castro Verde (un deles en estado grave como consecuencia das feridas recibidas na refrega, outro de bastante consideración e un terceiro con contusións varias).

Casa de Madarro de Bolaño, no Camiño dos Arrieiros, asaltada por un grupo carlista en 1888, co Castro de Xivil ao fondo (foto R. Polín).
Segundo a memoria popular, este mesmo mato arriba de Bolaño, anos antes sería escenario de unha importante refrega contra as tropas francesas que cara o mes de marzo de 1809 xa tiñan ocasionado graves atentados ao patrimonio material do mosteiro de San Cibrao de Monte Cubeiro de camiño a Mondoñedo ao mando do xeneral Mathieu, perdas constatadas durante o inventario realizado en 1835, uns tráxicos acontecemen-tos tamén rememorados por don Rogelio Rei-gosa en 1969: “En el número 42 del legajo 798 (Archiv. de Hacienda), al hacer Don Ramón Villarino, de Rebordaos, don Silvestre Cortón y Fr. José Perez Rivera el inventario de documentos y papeles en 21-IX-1835, se nos dice: En cuanto a papeles de pertenencia al Priorato de S. Cipriano de Montecubeiro, pa-rece que la mayor parte la llevaron o quemaron los franceses en la Guerra de la Independencia y otros están en este convento. ¡Proh dolor! Aque-llos robos, incendios y matanzas, son el saldo de la francesada. Tampoco a ellos les faltó su merecido, pues recuerdo haber oído a ancia-nos que entre el matorral y retamar que hay al norte de Bolaño, se encontraban esqueletos, resultado de las escaramuzas entre los solda-dos franceses y los vecinos, hasta el punto que una mujer de Pereiroá al decirle que se extendían los franceses por la vaguada del río Bolaño, salió con el cuchillo con el que cor-taba la verdura para hacer la comida y así se sumó a la voluntad indomable de lucha de los demás españoles…”.

Corredoira do Calvario ou “dos Carlistas” (Bolaño), agora sepultada na liña que debuxan o muro de pedra e a vexetación, escenario dunha emboscada protagonizada por veciños do lugar, apoiados por homes de Pena (foto R. Polín).
Correrías carlistas na parroquia de Pena.
Entre as incursións practicadas na freguesía de Pena, cabe destacar que o día 8 de setem-bro de 1836 se procedeu ao fusilamento de dous carlistas na mencionada localidade, á par que lle outorgamos a máxima credibili-dade á exhaustiva memoria da nosa mai El-vira Polín, quen á altura da súa secular expe-riencia nos transmitiu de viva voz o teste-muño directo da súa avoa Ramona que fora casar á casa da Granxa (nada a mediados do século XIX e falecida o día de San Pedro de 1944 aos 95 anos), inesquecíbel e lúcida guía dos primeiros pasos da miña proxenitora, quen lle deu fe das andanzas dos que ela denominaba “os fauciosos”, do temor que infrinxían as súas visitas e requisamentos periódicos (baixo o berro “que veñen os fauciosos…!”) ou as súas incursións agallo-pando en bravos cabalos polos camiños e corredoiras da aldea, ficando retido no seu imaxinario a escena dos xinetes carlistas cos seus uniformes a cabalgar encima de bravas monturas engalanadas, precipitándose con non pouca temeridade en persecución de xinetes inimigos polos barrancos e terrapléns de Leira de Gatos, un desnivel de varios me-tros de altura situado no camiño perimetral que transita arredor do alto promontorio que conforman as Penas do Eirado e que está na base do litónimo parroquial.

De fondo, O Eirado e Leira de Gatos (Pena), escenario de correrías carlistas na segunda metade do século XIX (foto R. Polín).
As refregas carlistas en Monte Cubeiro.

A Pena Grande na Serra da Ferradura, fito lexendario na memoria do carlismo e outros conflitos (foto R. Polín).
No mes de setembro de 1836, a epopea popular mesmo dá conta do fusilamento de dous carlistas na Serra da Ferradura, en Monte Cubeiro, sobre un gran rocha que aflora no fío da montaña e que en lembranza do sucedido é coñecida como Pena dos Carlistas. (A odisea bélica padecida polo pobo de Monte Cubeiro crearía un rico imaxinario na memoria colectiva, con outros símbolos xeográficos e lendarios semellantes no cume da mesma Serra da Ferradura, como é o caso da Pena dos Lamentos ou da chamada Penadai ou Pena do Ai, que os naturais interpretan coa suposta tortura de presos concentrados no Campo de Eiladrán despois de seren perseguidos polos cans para os conducir ao cárcere xurisdicional do Barreiro cuxas cadeas se corresponderían coas depositadas no Museo Provincial de Lugo, en competencia coa Fortaleza de Castro Verde pola atribución da súa suposta orixe. Refrendando o poder mítico da serra de Monte Cubeiro, aínda se situaría no seu cumio a tortura e asasinato en 1937 de Argimiro Rico, mestre de San Bernabé da Xesteira, na Terra de Valeira).

O Alvaredo, coa Serra do Mirador e A Ferradura ao fondo, lugares de reminiscencias bélicas nas revoltas carlistas en Monte Cubeiro (foto R. Polín).
Outro dos afamados militares carlistas de Castro Verde sería Francisco González Nadela, veciño do Alvaredo en Monte Cubeiro, a quen don Rogelio Reigosa describe como devoto e aguerrido soldado carlista ao que aqueles turbulentos tempos de fortuna adversa para os seus secuaces prexudicarían no seu plan de vida e intereses, ficando sen sucesión nen propriedades, aínda máis despois do trunfo de Isabel II e a derrota da revolta carlista nos seus proxectos, conservando a vida debido á afortunada circunstancia de que a patrulla de soldados que lle incendiou a vivenda non deu co seu paradeiro, ao permanecer agachado nunha matogueira arredor do camiño. Por todo elo, o 22 de xullo de 1837, o xefe político da provincia de Lugo procedería ao secuestro e embargo da casa, dos bens e mais das rendas deste faccioso do Alvaredo que andaba fuxido e que sería despoxado de todas as súas pertenzas, rendendo contas perante a alcaldía de Castro Verde, quen ao cabo non o localizaría, se ben fixo causa común co seu sogro carlista, tamén destituído, resultando ambos rehabilitados co paso do tempo, aínda que seriamente damnificados.

Verducedo (Monte Cubeiro). Escudo heráldico da casa de José Pillado, xefe da milicia liberal nas revoltas carlistas en Castro Verde (foto R. Polín).
(No bando contrario ao carlismo de Castro Verde sobresae outro ilustre personaxe de Monte Cubeiro, don José Pillado, escribán liberal, alcalde-xuíz e comandante da milicia nacional desa gran parroquia, a maiores de secretario en Riomol, quen acabaría sendo desterrado en África e encadeado por un total de nove anos, dispoñendo no seu testamento de 1817 que fose amortallado cos hábitos de Santo Domingo e da Nosa Señora do Carme, así como sepultado na emblemática igrexa monástica de Monte Cubeiro, recoñecendo tres fillos do seu matrimonio con María Osorio —comprendidos entre os seis anos e os nove meses de idade—, se ben nun posterior codicilo de 1834 variará as súas disposicións debido ao cambio de circunstancias que se tiñan producido e que incluían un total de sete fillos, á par que delegaba na vontade da súa muller, anulando as mandas relixiosas “para evitar a intervención do cura”, un frade dominico do mosteiro de Monte Cubeiro que o tiña delatado, traizón que fora padecida por este xefe liberal e que acredita a gran tensión acumulada durante as refregas carlistas nesta parroquia).
Referencias bibliográficas:
- Barreiro Fernández, Xosé Ramón: El carlismo gallego; Pico Sacro, 1976.
- Comesaña Paz, Alfredo: “La Tercera Guerra Car-lista en Galicia: un epítome y algunas observacio-nes de interés”; Aportes, nº93, año XXXII (1/2017), pp. 31-64.
- Id.: “Las guerras carlistas en Galicia”; Revista de Historia Militar. Las guerras carlistas, 2022, pp. 239-291.
- Diario Constitucional, Político y Mercantil de Barcelona, nº 67 (9 de marzo de 1823), p. 3.
- Díaz-Castroverde Lodeiro, X. L. (2019), pp. 288-295.
- El Asturiano. Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo, nº 26 (30 de marzo de 1836), p. 4.
- El Español. Diario de las doctrinas y de los intere-ses sociales, nº 282 (Madrid, 31 de marzo e 8 de agosto de 1836), p. 1 en ambos casos.
- El Vapor. Periódico político, literario y mercantil de Cataluña, nº 45 (15 de abril de 1834), pp. 2-3.
- Gómez Vilabella, X. M.: “Aquel zoqueiro (10)”; Galicia Digital (20 de abril de 2021).
- La Correspondencia de España, 17 de outubro de 1888, p. 1.
- Reboredo Pazos, Julio: “La Exposición del Arce-diano (un singular documento del Archivo del Museo Provincial)”; Boletín do Museo Provincial de Lugo, n.º 13 (2006-2008), pp. 287-308.
- Reigosa Ferreiro, Rogelio: “Castroverde. Sam-payo se prepara para celebrar las fiestas del San Ramón”; El Progreso, 31 de agosto de 1975.
- Id.: “Montecubeiro. Demarcación territorial, templos o ermitas del mismo”; El Progreso, 27 de xullo de 1969, páx. 12.
- Id.: “Nadela. El porqué de su nombre”; El Pro-greso, 3 de novembro de 1968.