O CONCELLO DE CASTROVERDE HOMENAXEA POLO SEU CENTENARIO Ó VECIÑO MANUEL ARIAS FERNÁNDEZ A TRAVÉS DA ENTREGA DUNHA PLACA.
Naceu en Maderne (A Fonsagrada) nunha familia de 11 irmáns. De rapaz foi vivir a Cabreira (Baleira) onde estivo de caseiro adicándose ós traballos no campo.
É en Cabreira onde coñece e casa coa súa dona e teñen dúas fillas. Pasados cinco ou seis anos van para Neira de Rey e de ahí para Santadrao e San Paio (ambalas dúas parroquias de Castroverde) onde tamén estiveron de caseiros.
Por último foron a vivir a Bolaño onde xa construiron a súa propia vivenda na que viven na actualidade ó lado da casa do seu neto e a poucos metros da casa da súa filla.