O Concello de Castroverde acaba de denunciar ante a Garda Civil unha pintada que apareceu estes días na fachada exterior das piscinas municipais de Castroverde.
Non podemos tolerar que se leven a cabo no noso concello este tipo de actos vandálicos por iso animamos a todos/as os/as veciños/as do noso concello que se ven realizar algún acto deste tipo que o poñan en coñecemento da garda civil.
(unha pena que aparezan ese tipo de pintadas nunha zona onde acoden numerosas familias )
Recordamos que este tipo de actos considéranse INFRACCIÓNS MOI GRAVES e leva consigo unha SANCIÓN IMPORTANTE para a persoa ou persoas que o cometen!
DEFENDAMOS ENTRE TODOS O ENTORNO NO QUE VIVIMOS E NON PERMITAMOS ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS!