PROGRAMA “ACTÍVATE” DA DEPUTACIÓN DE LUGO
📢📢📢 A Deputación de Lugo lanza a II edición do PROGRAMA “ACTÍVATE” unha aposta polo turismo deportivo e de aventura por toda a provincia: E CASTROVERDE forma parte dunha destas aventuras: o 4 de xuño cicloturismo histórico 😃😃🥳🥳🥳
A programación desenvolverase en 26 concellos de toda a provincia e conta cun total de 450 prazas dispoñibles, entre 15 e 20 por actividade
As persoas interesadas poden inscribirse xa dende hoxe para as dúas primeiras actividades, que serán o 30 de abril en Ribas de Sil e o 1 de maio na Pontenova a través da seguinte páxina: http://inscricions.deputacionlugo.or
Cada venres abriranse novas inscricións cunha semana de antelación, ata completar o calendario😃😃.
Programa de actividades:
As actividades levaranse a cabo os sábados e domingos dos meses de maio, xuño e xullo.
ABRIL:
– 30 de abril: Sendeirismo, en Ribas de Sil
MAIO:
– 1 de maio: Sendeirismo e espeleoloxía, na Pontenova
– 7 de maio: Iniciación á escalada, en Baleira
– 14 de maio: BTT, en Guitiriz
– 15 de maio: Tiro con arco, na Fonsagrada
– 21 de maio: Iniciación á equitación, en Taboada
– 22 de maio: Orientación, en Navia de Suarna
– 28 de maio: Baños de Fragas, en Cervantes
– 29 de maio: Iniciación ao paintball, na Pastoriza
XUÑO :
– 4 de xuño: Cicloturismo histórico, en Castroverde
– 5 de xuño: Xogos tradicionais, en Abadín
– 18 de xuño: Snorkel, en Ribadeo
– 19 de xuño : Camiñata, en Xermade
– 25 de xuño: Iniciación á vela lixeira, en Foz
– 26 de xuño: Sendeirismo de montaña e xeoloxía, en Antas de Ulla
– 26 de xuño: Sendeirismo na Mariña occidental, no Vicedo
XULLO :
– 2 de xullo: Sendeirismo e botánica, en Portomarín
– 3 de xullo:Paseos micolóxicas, en Pedrafita do Cebreiro
– 9 de xullo: Piragüismo, en Lugo
– 10 de xullo: Camiñata gastronómica, en Lourenzá
– 16 de xullo: Clase dirixida combinada, en Ourol
– 23 de xullo: Raid de aventura, en Viveiro
– 24 de xullo: Trekking, en Monforte de Lemos
– 30 de xullo: Kaiak de río, en Cospeito e Outeiro de Rei
– 31 de xullo:Surf, en Barreiros