🌰🍂 MAGOSTO POPULAR NO CONCELLO DE CASTROVERDE! 🍂🌰
O outono sabe mellor compartindo unha boa xornada de festa, e en Castroverde queremos celebralo con todos vós! 😍
📅 Sábado, 14 de novembro
🕗 A partir das 20:00 horas
📍 Nave do Mercado Gandeiro
Teremos castañas asadas, empanada, lacón, bebidas, doces e moito máis! 🌰😋
🎶 A música correrá a cargo de Zuncurrundullo, e os máis pequenos tamén o pasarán en grande coas atraccións inchables! 🎉
Unha ocasión perfecta para xuntarnos, gozar dos sabores do outono e compartir unha noite chea de música, diversión e bo ambiente.
Agardámosvos a todos e todas! 💚
-CONCELLO DE CASTROVERDE-


