🎬 PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE «MUDANZA» EN CASTROVERDE
O Concello de Castroverde invita a todas as veciñas e veciños á proxección da curtametraxe Mudanza, un relato de Sonia Arias dirixido por Luisje Moyano, que nos achega a unha realidade tan dura como presente nas nosas vidas: o cancro e a maneira de afrontar o diagnóstico dunha enfermidade que cambia todo.
A través da protagonista, a curtametraxe amosa as emocións, os medos e o proceso persoal de asimilación e aceptación dunha noticia que ninguén quere recibir. Unha historia que nos invita a reflexionar sobre como afrontamos a enfermidade, a importancia de xestionar as emocións e a necesidade de acompañar e comprender a quen está a pasar por unha situación así.
Por desgraza, o cancro é unha realidade que está moi presente na nosa sociedade e que afecta cada día a moitas persoas e ás súas familias. Por iso, propostas coma esta axúdannos a visibilizar esta realidade e a achegarnos a ela desde a empatía e a sensibilidade.
📅 Domingo, día 8 de novembro, ás 19:00 horas
📍 Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde
🎟️ ENTRADAS DE BALDE
Agardámosvos para compartir esta historia e este espazo de reflexión a través do cinema.
#Castroverde #Mudanza #Cultura #Cinema #ConcelloDeCastroverde


