O CONCELLO DE CASTROVERDE AMPLÍA O PARQUE INFANTIL DO C.P.I PLURILINÜE DE CASTROVERDE

🛝 O CONCELLO DE CASTROVERDE AMPLÍA O PARQUE INFANTIL DO C.P.I PLURILINÜE DE CASTROVERDE
O Concello de Castroverde vén de ampliar o parque infantil do C.P.I. Plurilingüe de Castroverde, cun investimento de preto de 12.500 euros.
A actuación incluíu a instalación de dous novos elementos de xogo, que se suman aos xa existentes: un xogo de trepa, pensado para favorecer o desenvolvemento da coordinación e das habilidades motrices, e unha locomotora, que achega un novo espazo para o xogo e a imaxinación dos máis pequenos.
Deste xeito, os nenos e nenas do C.P.I. dispoñen dun espazo máis amplo e renovado para xogar, divertirse e desenvolver as súas capacidades nun contorno seguro e adaptado ás súas necesidades.
Esta intervención súmase ao conxunto de actuacións que o Concello de Castroverde leva realizado nas instalacións do centro educativo, sempre coa finalidade de mellorar os espazos e contribuír ao benestar e á calidade de vida dos nosos nenos e nenas.
A actuación foi adxudicada á empresa Xardinor S.L.
💪 O Concello de Castroverde segue mellorando e investindo nos nosos espazos e nos nosos nenos e nenas.
-Concello de Castroverde-

Sede electrónica

Descarga de solicitudes

Parroquias

i

Perfil do contratante

Horarios de autobuses

Calendario

Portal de transparencia

Plan antifraude

Mapa interactivo

Plano de Castroverde

Feria de artesanía

Fondo Galego de cooperación

Pentacle

Amigos do patrimonio

Punto de información catastral