
-HOMENAXE CENTENARIO NO CONCELLO DE CASTROVERDE-
O Concello de Castroverde homenaxea, coa entrega dunha placa, á súa veciña Julia Monasterio López polo seu centenario que se celebra o 14 de marzo do presente ano.
Julia é de Bolaño da casa de Gracián, quedou viúva fai 41 anos e a día de hoxe vive acompañada do seu único fillo e dunha sobriña, ten ademais dous netos. Toda a súa vida adicouse á labranza.
A pesar da idade, Julia consérvase moi ben fisicamente e ten unha memoria excelente. Ler a prensa, ver a televisión e a xardinería son algunhas das súas paixóns.
-CONCELLO DE CASTROVERDE-

