O Concello mercou dúas fincas situadas nas inmediacións do actual campo da festa, co fin de ampliar este espazo e mellorar as condicións para a celebración dos diversos eventos festivos e sociais que se realizan ó longo do ano.
As fincas foron adquiridas por un total de 53.000 euros, desglosados de seguinte maneira: unha por 25.000 euros e a outra por 28.000 euros. Ademais, investíronse 30.000 euros no acondicionamento destas parcelas, co obxectivo de integralas adecuadamente no recinto, mellorando a súa accesibilidade e funcionalidade para futuras actividades.
Por outra banda, o Concello de Castroverde rematou recentemente a construción dunha nova pasarela peonil, que conecta a zona do Cortés co Centro Gandeiro, mellorando a mobilidade e facilitando un acceso máis seguro e directo ao recinto da feira. Esta infraestrutura, xa en funcionamento, será de gran utilidade durante os días de feira e outros eventos, permitindo un fluxo de persoas máis cómodo e accesible.
Con estas iniciativas, o Concello reafirma o seu compromiso de mellorar os espazos públicos, favorecer a accesibilidade e potenciar o desenvolvemento das nosas tradicións e festas, creando un ambiente máis seguro e acolledor para a veciñanza e os visitantes.