HOMENAXE CENTENARIO NO CONCELLO DE CASTROVERDE

O Concello de Castroverde homenaxea polo seu centenario ao seu veciño Eduardo González Valiño a través da entrega dunha placa.
Eduardo criouse nunha familia onde foron 7 irmáns pero a día de hoxe só vive el.
Naceu en Penamazada no Concello de Pol e alí estivo vivindo ata que cumpriu os 16 anos. Despois marchou traballar para a Renfe, estivo na estación de Atocha en Madrid. Logo con 22 anos foise para Lalín (Pontevedra) a facer o servizo militar, aí foi onde verdadeiramente aprendeu a ler e a escribir. Cando rematou o servizo militar foise para Meira a traballar en Correos, máis adiante decidiu montar coa súa muller o seu propio negocio de roupa no Cádavo (Baleira). Anos máis tarde, aló polo 1955 emigrou a Venezuela, alí traballou nun teleférico, montou unha fábrica de espuma para mobles e colchóns con 120 traballadores, para máis tarde acabar dedicándose alí á construción.
En 1994 decidiu volver a España, xa que era onde tiña toda a súa familia, e aquí en Castroverde é onde decide construir a súa casa concretamente na Travesía de Vilabade, onde se dedica aínda a día de hoxe ás labores do campo (acaba de facer fai poucos días a sembra de patacas para o autoconsumo). Actualmente vive coa súa muller, que nos próximos meses tamén cumprirá o centenario. Tivo 2 fillos, aínda que a día de hoxe só vive unha delas.
Moitos parabéns para o noso veciño Eduardo🥳🥳🎉🎉

Sede electrónica

Descarga de solicitudes

Parroquias

i

Perfil do contratante

Horarios de autobuses

Calendario

Portal de transparencia

Plan antifraude

Mapa interactivo

Plano de Castroverde

Feria de artesanía

Fondo Galego de cooperación

Pentacle

Amigos do patrimonio

Punto de información catastral