CHARLA “PLAN MAIOR DE SEGURIDADE” NO CONCELLO DE CASTROVERDE!
O vindeiro martes día 23 de xullo ás 17:00 horas no Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde.
Dirixida principalmente aos nosos maiores.
Impartida por Manuel Torrón, garda civil que estivo traballando preto dunha década neste concello.
Trataranse temas sobre como evitar roubos en vivendas, na rúa ou cando hai grandes aglomeracións. Tamén consellos para evitar todo tipo de malos tratos, ser vítimas de enganos, evitar diversos tipos de accidentes, seguridade vial, domésticos, no rural, estafas en internet, etc…
Animámosvos a tod@s a acudir!