A COMPOSTAXE CHEGA AO C.P.I PLURILINGÜE DE CASTROVERDE

A compostaxe chega ao CPI Plurilingüe de Castroverde

Castroverde, 19/04/2024

O CPI Plurilingüe de Castroverde acolleu, o pasado día 18 de abril, un obradoiro sobre reciclaxe, centrado especialmente no reciclaxe da materia orgánica, mediante a técnica da compostaxe.

Tanto o alumnado como o profesorado tiveron a oportunidade de recordar a importancia de preservar os recursos naturais e intentar reducir ao máximo o noso impacto ambiental. Mediante a compostaxe doméstica, preténdese pechar en orixe o residuo que máis peso ten na nosa bolsa de lixo, representando practicamente a metade da mesma.

O Concello de Castroverde non só quere implicar aos máis cativos e cativas do municipio, polo que facilita a todas aquelas persoas que teñan un pequeno terreo, a formación e o material necesario para autoxestionar os seus residuos orgánicos mediante a  compostaxe doméstica. Grazas a ela, no só se reduce a pegada de carbono, senón que tamén se pon en valor un residuo, obtendo como resultado de forma sinxela un excelente abono.

Para beneficiarse da iniciativa simplemente hai que anotarse no concello (de forma presencial ou a través da web https://castroverde.rsu.gal/). Unha vez  completado o rexistro, organizarase unha xornada formativa na que se fará a entrega de todo o material necesario. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.

Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Máis información a través do teléfono 647 521 464 ou do correo [email protected].

Sede electrónica

Descarga de solicitudes

Parroquias

i

Perfil do contratante

Horarios de autobuses

Calendario

Portal de transparencia

Plan antifraude

Mapa interactivo

Plano de Castroverde

Feria de artesanía

Fondo Galego de cooperación

Pentacle

Amigos do patrimonio

Punto de información catastral