Dende o Concello de Castroverde informamos a toda a veciñanza que conxuntamente nos concellos de Castroverde, O Corgo e Baleira, dispoñemos dun SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ, este servizo é gratuíto dirixido a nenas e nenos entre 0 e 6 anos, ás familias e ao seu entorno, en situación de vulnerabilidade ou con trastorno de desenvolvemento ou risco de padecelo.