Dende o Concello de Castroverde seguimos realizando melloras no estado da nosa vila ☺️☺️ unha das últimas foi a rehabilitación da FONTE DO TRABADO e do LAVADOIRO DE TARRÍO. Na fonte do Trabado mellorouse o acceso a través da colocación dun pasamáns así como arranxo das escaleiras, pintado e limpeza da mesma😀😀👏👏. No lavadoiro de Tarrío substituiuse a cuberta de uralita por lousa e madeira á vista, reforzáronse e pintáronse as columnas, arranxouse e pintouse a varanda exterior e mellorouse o acceso ó mesmo e aínda temos pendente de realizar nos próximos días melloras no seu interior 👏👏😀😀
-Concello de Castroverde-