O CONCELLO DE CASTROVERDE ENTREGA OS AGASALLOS DOS REIS MAGOS DE ORIENTE A TODOS OS NENOS DO CONCELLO

Este ano con motivo do COVID-19 hai que tomar toda a precaución posible. Por esta razón non

podemos celebrar a tradicional Cabalgata de Reis coma todos estes anos atrás. Os Reis Magos decidiron envialos con tempo para que todos os nenos poidan gozar deles durante as súas vacacións de Nadal. Este venres fíxoselles a entrega dos agasallos a todos os nenos do Cpi Castroverde. Ós nenos de ata 2 anos e resto de nenos que non esteñan matriculados no C.P.I de Castroverde pero que esteñan empadroados no noso Concello levaráselles os agasallos ás casas durante os vindeiros días para que así ningún neno do noso concello se quede sen o seu agasallo que tan merecido o teñen por comportarse de maneira exemplar durante este ano tan duro que levamos vivido.

De todas formas aínda que este ano non se poida celebrar a Cabalgata de Reis, os Reis Magos mandaranlle igualmente unha mensaxe a todos os nenos do Concello o día 5 de xaneiro a través dun video que se colgará ese mesmo día na web (www.concellodecastroverde.gal) e no facebook do Concello. Por iso animamos a todos os nenos a que o día 5 entren en algunha desas páxinas para poder ver en directo a mensaxe dos Reis Magos de Oriente.

Sede electrónica

Descarga de solicitudes

Parroquias

i

Perfil do contratante

Horarios de autobuses

Calendario

Portal de transparencia

Plan antifraude

Mapa interactivo

Plano de Castroverde

Feria de artesanía

Fondo Galego de cooperación

Pentacle

Amigos do patrimonio

Punto de información catastral