O Concello de Castroverde, desenvolverá unha charla-taller, de Empoderamento Feminino e Fotografía. Unha actividade aberta a mulleres de todas as idades, na que compartir espazo tempo e experiencias. A actividade enmárcase dentro do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, financiada polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas cortes e Igualdade. A actividade será o 30 de marzo ás 11:00 horas no Concello Vello e terá unha duración de tres horas, e posteriormente organizarase unha exposición coas fotografías realizadas polas participantes.
As mulleres interesadas en participar, poden anotarse no departamento de servizos sociais do Concello, ben de xeito presencial ou chamando por teléfono.